O evento, celebrado o venres 14 de agosto, forma parte do ciclo “Orujo de Galicia. Os 5 Elementos”

Un bosque da localidade ourensá de Berán transformouse o venres, 14 de agosto, nun espazo para a degustación. O ciclo “Orujo de Galicia. Os 5 Elementos” organizou alí unha cata musicalizada na que os asistentes puideron probar augardente e licor de herbas galego. O lugar foi habilitado de forma que se cumprise a distancia de seguridade entre os asistentes. A decoración basouse no uso das lámpadas artesanais de Margarita Cadenas.

O evento, centrado no elemento “terra”, estivo coordinado pola vogal do Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e enóloga, Sonia Otero. As súas explicacións estiveron acompañadas pola música de Rebeca Ponte, que estreou varias cancións inspiradas nos destilados. Tamén estiveron presentes o presidente do Consello Regulador, José Feijóo e o presidente da Entidade Menor de Berán, Constantino Vidal.

Texto y Fotografía extraído de la web osil.info

Ver noticia en Osil.info